A Noite da Lúa Meiga terá lugar nun lugar inesquecible: o Miradoiro do Outeiro Grande, no Viso (Redondela). Un Miradoiro cheo de encanto onde divisar a Ría de Vigo en todo o seu esplendor, coa Illa de San Simón e a Ponte de Rande ó fondo, pechando o horizonte.

Dende logo, un enclave onde o meigallo se pechará e o visitante quedará prendado para sempre. Agora entenderá o por que do nome e do lugar onde se celebrará esta Noite da Lúa Meiga.

VISTAS DENDE O MONTE OUTEIRO GRANDE

 

Como chegar?

Para chegar ata O Viso dende Pontevedra débese séguir pola N-550. A cinco kilómetros de Arcade (Soutomaior), pasando a parroquia de Cesantes collese un desvío á esquerda, indicado por un letreiro de O VISO.

Dende Vigo séguese a N-550, chégase ata o casco urbano de Redondela. Séguese dirección Pontevedra e a uns tres kilómetros cóllese un desvio á dereita indicado cun letreiro de O VISO.

Seguindo pola estrada que atravesa O Viso (estrada que chega ata Soutomaior), a uns 400 metros cóllese un desvio á esquerda que nos leva ó alto do Monte Outeiro Grande. Neste punto a localización xa está debidamente sinalizada.


Distancia coas principais cidades por estrada:
-A Coruña: 134 km.
-Ferrol: 163 km.
-Lugo: 147 km.
-Ourense: 89 km.
-Pontevedra: 13 km.
-Santiago de Compostela: 75 km.
-Vigo: 16 km.

Consulta a guiacampsa para coñecer o mellor camiño para chegar.

Plano de Estradas