* Asistir ás festas con música tradicional, como non, a NOITE
DA LÚA MEIGA é unha boa opción.
* Facer ver ós organizadores
de festas populares, festivais e ós nosos representantes nas administracións que
a música tradicional tamén "está de moda". Se pertences a unha comisión de festas ou festival contrata música tradicional galega.
* Colaborar
mercando camisetas e outros productos do festival. Este ano temos
novas camisetas cun deseño renovado, seguro que vos gustan¡¡

camiseta do ano 2010
* Consumir "responsablemente" no bar que se instalan nestes festivais. Como verás, o noso é bastante artesanal, e dá un traballiño montalo ...
* Colaborar mercando rifas do festival. Nós realizamos un sorteo o sábado entre todos os asistentes que aguanten ata o final da festa.
* Se tes un local, comercio
ou empresa privada podes colaborar saíndo no cartel do festival
ou no proxector que se instala o sábado pola noite. Esta última
opción está tendo unha gran aceptación, seguro
que vos interesa. (Infórmate: 656 938 058)
* Ah, e tamén
podes mercar as rosquillas da Lúa Meiga que
atoparás á venda no torreiro da festa. Son moi apetitosas, sobre
todo xa avanzada a noite¡¡